29.4.15

Reseña Express: Reo

¡Ola lectores!
hoxe tráigovos una entrada moi especial, pois decidín comezar a reseñar os libros que leo na miña lingua natal, o galego, que a pesar de non ser tantos, si que leo algúns. Neste caso será unha reseña "express" porque o libro é moi curto, aínda así, espero que vos guste ;) 
Se vos inteesa o blog en galego visitad ESTE, que o fixen cos meus compañeiros durante a Semana Cultral.



REO:
Autor: Xesús Fraga
Editorial: Galaxia
Colección: Costa Oeste
ISBN: 9788498655421
Páxinas: 144 páx.
Prezo: 12.00
Sinopsis:
Esta é a historia de Reo, un rapaz calquera dun barrio calquera.
Premio Fervanzas Literarias 2014 ao Mellor Libro de Literatura Xuvenil
Pero Reo é o rei dos graffiteiros da cidade: o que máis bombardea coa súa sinatura, o máis comprometido coa súa arte; o mellor. O graffiti é o que lle permite dar saída a todas as inquedanzas que lle bolen na cabeza. Ata que un día un misterioso rival o reta nos muros da cidade. Unha confrontación da que emerxerá transformado, aínda que non como Reo espera. Velaquí un dos argumentos da novela gañadora do Premio Raíña Lupa de Literatura Xuvenil 2013 e na que, ademáis de envolvernos nunha trama trepidante arredor de Reo, o hip hop, as bandas dos barrios e ás veces a tristeira vida cotiá de quen ten horizontes máis grandes, deita unha interesante reflexión sobre a vida dos mozos e mozas dos nosos días, sobre as súas angueiras e esperanzas. Reo está escrita nunha linguaxe directa que nos atrapa dende o primeiro instante, como un graffiti colorido e ben feito. Directo. Engaiolante. Definitivo.



En xeral, "Reo" é unha historia sinxela, cun principio introductorio á situación na que comezará a, logo, desenrolarse a verdadeira acción, a cal a pesar de non ser abraiante nin moita, mais si o suficientemente entretida como para mantete lendo a historia con curiosidade e intriga.
O final é moi aberto e, pese a que me gustou, parece rematar na metade da historia, xa que da a sensación de que a historia debería continua un pouco ata rematar doutro xeito, de forma máis pechada. 

A naración é sinxela, en primeira persoa polo noso protagonista Reo e empregando vocabulario sobre o mundo do graffiti como: tag, bombardeo, treneiros, pota ou peza. Tamén conta con diálogos realistas e algunas palabras en brasileiro cando fala Cora.
As personaxes evolucionan ao longo da historia e aportan interesantes momentos e escenas á historia, mantendo á/ao lector/a inmerso no que está a suceder.
En conclusión, o libro gustoume e me pareceu interesante, o les rápido e te entreté durante unha tarde de forma sinxela, cun pouco de drama e un argumento realista.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

Comenta todo lo que quieras, todas las veces que quieras y cuando quieras, pero no te olvides de mantener el respeto hacia mi y todos los lectores. Puedes dar tu opinión y contar cosas interesantes, aportar ideas o simplemente saludar, pero sigue la norma básica.
Ahora... ¡ alimenta mi blog con tus comentarios !