3.11.16

Reseña Express: "O Sol do Verán"

¡Hola lectores!
hoxe tráigovos unha nova reseña, unha reseña express en galego sobre a miña última lectura, titulada "O Sol do Verán" de Carlos Casares, ao que se lle adica o Día das Letras Galegas do 2017.


O SOL DO VERÁN
de Carlos Casares
Editorial: Galaxia
ISBN: 9788482886688
Páxinas: 242 páx.
Prezo: ?
Sinopsis:
Derradeira obra de Carlos Casares (Ourense, 1941-Vigo, 2002). O sol do verán chega á percepción do lector coa forza da madurez da grande arte de narrar. Historia de amor e morte, a enorme riqueza desta novela reside no poder de evocar as lembranzas e na capacidade do autor para compartilas. Literatura auténtica, froito dun inesquecible alentó e dunha extraordinaria paixón por comprender o tecido íntimo da existencia.
 

 
Bueno, hoxe toca que vos faga unha pequeña reseña dunha novela galega que tiven que ler para conmemorar este ano ao home ao que se lle adica o día das Letras Galegas 2017, Carlos Casares, un coñecido escritor, crítico e político galego que adicou gran parte da súa vida a escribir historias, tanto historias para adultos como infantís.
 
Como dicía, a historia que tivemos que ler para clase titúlase "O Sol do Verán" e foi unha novela que sorprendeume gratamente. Entre este pequeno libro en galego atópase unha pequena recopilación de lembranzas infantís, xuvenís e adultas dunha serie de personaxes. Estes recordos preséntanse a partir de un par de viaxes en coche que leva a pensar no vivido tras un suceso traumático acontecido.
 
A historia comeza cunha terrible morte: a de Carlos, un home xoven que aparece na bañeira dunha casa de verán cun tiro na sien. Helena, amiga súa da infancia e o seu marido Arturo, amigo seu tamén, atópase acongoxados e tristes tras descubrir a terrible escena no seu baño. Tras a chegada da policía deciden ir a avisar da morte de Carlos a nai e ao pai de Helena.
De camiño á casa dos país de Helena esta mesma comeza a recordar parte dos seus veráns en Beiro cando era pequena e a medida que ía crecendo, con Carlos, un amigo da infancia que estaba pasando uns días na súa casa. Entre as lembranzas pasadas polo Carpazal e a cidade, altérnanse con parts da conversación que mantiveran a mesma noite do suicidio de Carlos el e Helena no coche.
 
O final descúbrenos parte dos segredos ocultos entre Carlos e Helena, amigos de toda a vida, compañeiros de aventuras, e fillos de familias peculiares cos seus propios segredos. Tamén, tras mostrar parte de toda unha vida de amizade e familiridade, comprenderemos moito mellor como se sinten tras a morte de este home tan divertido, alegre e orixinal que tan vacía deixa a vida dos seus coñecidos.
 
A realidade e que pese a ser unha historia lenta resulta bastante interesante e gustoume, xa que pese a que ocorren cousas non demasiado éticas, e moi sinxelo comprender a relación que hai entre os dous amigos, que posúen una relación estreita que os fai compartir momentos inolvidables e un amor máis alá do que se podería comprender inicialmente, o que os leva a non querer darse conta do que reamente sinten o un polo outro.
 
En conclusión, creo que "O Sol do Verán" e unha moi boa novela para poder ler se buscades algo sinxelo pero interesante e ademais queredes ler algo do curioso home ao que se lle adicará este importante día para Galicia (por certo, atribúese esta historia como parte real da propia vida do autor).
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Comenta todo lo que quieras, todas las veces que quieras y cuando quieras, pero no te olvides de mantener el respeto hacia mi y todos los lectores. Puedes dar tu opinión y contar cosas interesantes, aportar ideas o simplemente saludar, pero sigue la norma básica.
Ahora... ¡ alimenta mi blog con tus comentarios !