17.5.17

Atópame na "X Feira do Libro de A Guarda"


Bos días!
hoxe tráigovos unha entrada en galego, o idioma que temos aquí en Galiza xunto ao castelán, pois resulta que o día no que estamos, mércores 17 de maio, é o "Día Das Letras Galegas" e quería conmemoralo dalgún xeito que vos poida gustar.
 
A realidade é que non tiña nada pensado hai algunas semanas, pero a pasada semana chegoume unha mensaxe dun moi amigo meu de infancia e cando o vin comprendín que era algo que debía compartir con vós, e aceptar. Pero que me dixo Pablo na mensaxe? A realidade é que contactaron con el os organizadores da "Feira do Libro de A Guarda" para proponerlle participar nela dando unha pequena charla. E el pensou nunha idea diferente... invitar a un par de blogeiros máis e facer una táboa redonda! Así que se queredes saber máis e coñecerme en persoa, seguide lendo, que vos enteraredes de todo...
¡A que estades esperando para velo!

Como estaba dicindo, Pablo, autor do blog de literatura Libros Lectureka! pensou que sería máis divertido e dinámico para os asistentes que houbera un par de persoas máis, de xeito que mezcláramos opinións diferentes sobre os distintos xéneros da literatura actual.
Finalmente os organizadores aceptaron a súa proposta e nos mandaron, a mín e ao outro colaborador, Daniel do blog It' Super Fun, un correo que confirmara a nosa asistencia.

Libros Lectureka!

Pablo
de Libros Lectureka!

Dende que aprendeu a ler con catro anos, xa non é capaz de soltar un libro. Amante da escritura, os videoxogos, as películas e sobretodo a literatura. No blog comparte todos os seus gustos, entre os que atopamos: "Harry Potter", "Memorias de Idhún", "Secretos de la Luna Llena", "Dragal", "Alianzas", "El Ministerio del Tiempo", "The Legend of Zelda", e moito, moito máis!
Gañador do concurso "¿Qué estás leyendo?" e agora colaborador de "El Templo de las Mil Puertas", estou segura de que atoparedes moitas entradas interesantísimas no seu blog.
 
O blog: Libros Lectureka!
Twitter: @libroslectureka



Dani
de It's Super Fun
Amante da literatura ata á médula e polifacético como ninguén, comparte no seu blog o seu amor por libros como "Todo, Todo" ou "Tal vez mañana". Encántalle leer, pero, cada vez, quédalle menos tempo para facelo. Gústanlle desde historias románticas ata thrillers, aínda que si hai un xénero que non soe frecuentar, ese é a fantasía. Ademais o atoparedes colaborando con "La Avenida de los Libros", unha revista centrada en literatura xuvenil que se publica de forma gratuíta, e online.
Twitter: @dani_porrr

A verdade é que estou moi emocionada e soprendida xa que, pese a que teño un pouco de medo por iso de dar una charla, seica sei que estou moi ben acompañada de Pablo, amigo meu dende que teño memoria, e Dani, un mozo que pese a que non o coñecía, é moi, moi agradable.

Así que agora solo queda que vos deixe os datos desta feira na que imos participar, a X edición da "Feira do libro de A Guarda", que celebrarase o domingo 21 na praza do Reló de A Guarda. En principio será un evento ao aire libre, pero se chove trasladarase á Casa dos Alonsos (non lle temades ao mal tempo!).
Nesta feira atoparedes postos e, sobretodo, moitos, moitos libros (cun 20% de desconto! Pero incluso podedes conseguir algún gratis no sorteo); se iso non vos chega para ir, tamén organizáronse actividades que contan coa presenza de Luis Vallecillo, Fina Casalderrey, ou nós: Pablo, Dani e Paula, que esperaremos facer unha charla divertida onde podamos compartir experiencias con vós.
 
Supoño que orientaremos esta charla á literatura que podedes atopar nos nosos blogs, onde veredes moita variedade, pero tamén intentaremos falar da escritura e do ámbito da literatura galega, xa que a charla será íntegramente en galego.

Finalmente despido a entrada agradecéndovos a todos, os que comprendedes o galego e os que non, o voso agarimo constante e o voso apoio durante o comezo de blog e das miñas entradas, xa que finalmente coas vosas visitas chegamos ao medio millón de visitas. Xa son máis de 500.000!
 
Así que só podo mandarvos millóns de bicos e apertas que espero que vos cheguen nalgún momento, xa que sin vós este pequeno rincón de lectura, películas e series non sería nada.
Moitísimas grazas, quérovos un mundo! E espero poder atoparvos na feira!






 

 








 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Comenta todo lo que quieras, todas las veces que quieras y cuando quieras, pero no te olvides de mantener el respeto hacia mi y todos los lectores. Puedes dar tu opinión y contar cosas interesantes, aportar ideas o simplemente saludar, pero sigue la norma básica.
Ahora... ¡ alimenta mi blog con tus comentarios !

Entradas relacionadas...

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...