3.5.16

Reseña "O Enigma de Caronte"

¡Ola lectores!
hoxe chegou o turno dunha nova reseña -un  pouco máis curta xa que non teño moito tempo-, esta vez en galego, a miña lingua materna, dun libro que recomendoume ler para a asignatura o meu mestre, e titulado "O enigma de Caronte".
 
 
 
O ENIGMA DE CARONTE:
Título: O Enigma de Caronte
Autor: Carlos Vila Sexto
Editorial: Galaxia - Costa Oeste
ISBN: 9788498656749
Páginas: 356 págs
Precio: 14.00€
Sinopsis:
Unha gran novela chea de intriga dende a primeira páxina. O último verán que Dani e os seus amigos van pasar xuntos en Cabo Lázaro vén marcado pola morte accidental de Marcos, un compañeiro de clase. Pero as sospeitas iniciais de Dani de que talvez se atopen fronte a un asasinato vénse reforzadas cando este descobre unha misteriosa mensaxe que o seu amigo lle deixou antes de morrer, e que os sitúa sobre a pista dun tesouro agacahado nalgún lugar da pequena vila costeira. Non son conscientes de que alguén segue os seus pasos, un inquietante forasteiro que pode ser o asasino de Marcos e que non dubidará en apartar os rapaces do seu camiño do xeito que sexa. Pero a misteriosa identidade deste home non é o único segredo que ameaza Cabo Lázaro, e a morte de Marcos non é o único crime que deberán desentrañar…

 
 
O primeiro que quero dicir desta novela é que non era o que eu escollería persoalmente nun día calqueira, pero foi o meu mestre o que mo recomendou ler para a asignatura, así que pese a que non son moito de misterio, tomei o libro e gardeino ata conseguir un hoco e comezar a lectura. Fai uns poucos días, aproveitando que non tiña ningún exame pendiente, comecei a lectura e sorpendinme lendo moi rápidamente a historia que agochábase tras as aproximadamente trescentas cinconta páxinas que hai.
 
O argumento comeza introducindo a situación: Marcos é un mozo que morreu recientemente en Cabo Lázaro, e pese a que Dani fora o seu mellor amigo, fai case dous anos que non se relacionan xa que o primeiro era máis introvertido e este ten agora o seu propio grupo de amigos, Alex, os xemelgos (¡mellizos!) Sara e Adrián, e Victor. A pesar de todas as vivenzas que pasaron xuntos, Dani mostrase incapaz de sentir nada pola norte do seu ex mellor amigo, e pouco a poco extráñase máis pola morte. Marcos coñecía moi ben o terreo e deixoulle una Caixa, así que eso solo deixa una opción: Marcos ía morrer e este sabíao.
 
Na historia nárrase de forma moi sinxela una gran aventura onde se entrelazan varias historias nun mesmo libro, xa que hai partes orientadas á chegada do que están a buscar e o pasado,;e o presente, onde os mozos intentan seguir as pistas que Marcos atopou e que causaron a súa morte mentres os seus país loitan por decidir se é boa idea vender ou non o estaleiro.
 
Personalmente gustoume moito eu creo que polo xeito de tratar a historia dunha forma xuvenil, con pistas sinxelas e principalmente de lóxica común, pero sobretodo polos xiros e sorpresas inesperados na historia.
O final foi realmente bó, inesperado nun punto e logo finalmente como pensamos que sería tras os xiros dos acontecementos, o que está moi ben pois permite un bó final sen resultar demasiado sinxelo para os personaxes.
A forma de escribir a historia é atrapante, pois narrando en terceira persoa por alguén omnipotente e omnipresente que coñece todo o que pensan e sinten os personaxes provoca que a lectura sea moito máis amena, ademáis de que resulta máis sinxelo cambiar de escena.
 
Os personaxes son principalmente adolescentes, o que fixo probablemente que me identificara un pouco máis coa obra, principalmente con Alex, que xunto con Dani pareceume una dos personaxes máis queridos (enserio que creo que estaparella é boísima) por ser inocentes e bós, aínda que intelixentes.
Sara e Victor parecéronme personaxes cunha importancia menor que a dos anteriores ou Adrián, que é o irmán de Sara, pero aínda así gustáronme e conseguiron máis protagonismo tirando cara ao final da historia. No caso de Adrián, agradoume moito que cambiara, pois ao principio recordábame demasiado ao seu pai, que tan mal me cae.
 
En definitiva, considero "O Enigma de Caronte" unha gran lectura incluso para os que non son moi seguidores do xénero de misterio, pois resulta unha lectura enriquecedora, con moitas partes intrigantes, algo de amor e drama; personaxes simpáticos e adolescentes, o que remata aportando un toque xuvenil perfecto para una lectura acorde coa asignatura.
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

2 comentarios:

  1. Ola Paula. Son Carlos Vila, o "pai" de O enigma de Caronte. Grazas por esta reseña tan positiva que, co teu permiso, compartirei na miña páxina de FB. Alégrome moito de que che gustara a miña historia, non sendo ademáis o misterio o teu xénero preferido. Parabéns por este blog tan estupendo e, sobre todo, pola túa paixón pola lectura. Un saúdo!!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Ola Carlos! Non esperaba que veras a reseña, pero faime moita ilusión que o fixeras e che gustara pois a min o teu libro gustoume moito. Obviamente non me importa que a compartas, faltaría máis; pois pese a non ser o meu xénero favorito descubrín unha gran historia.
      Moitísimas grazas por todos eses piropos ao blog e te rogo que continúes escribindo historias tan fantásticas como esta!
      Un bico, Paula

      Eliminar

Comenta todo lo que quieras, todas las veces que quieras y cuando quieras, pero no te olvides de mantener el respeto hacia mi y todos los lectores. Puedes dar tu opinión y contar cosas interesantes, aportar ideas o simplemente saludar, pero sigue la norma básica.
Ahora... ¡ alimenta mi blog con tus comentarios !

Entradas relacionadas...

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...