¡Ola lectores!
hoxe chegou o turno dunha nova reseña -un pouco máis curta xa que non teño moito tempo-, esta vez en galego, a miña lingua materna, dun libro que recomendoume ler para a asignatura o meu mestre, e titulado "O enigma de Caronte".
Título: O Enigma de Caronte
Autor: Carlos Vila Sexto
Editorial: Galaxia - Costa Oeste
Autor: Carlos Vila Sexto
Editorial: Galaxia - Costa Oeste
ISBN: 9788498656749
Páginas: 356 págs
Precio: 14.00€
Sinopsis:
Precio: 14.00€
Sinopsis:
Unha gran novela chea de intriga dende a primeira páxina. O último verán que Dani e os seus amigos van pasar xuntos en Cabo Lázaro vén marcado pola morte accidental de Marcos, un compañeiro de clase. Pero as sospeitas iniciais de Dani de que talvez se atopen fronte a un asasinato vénse reforzadas cando este descobre unha misteriosa mensaxe que o seu amigo lle deixou antes de morrer, e que os sitúa sobre a pista dun tesouro agacahado nalgún lugar da pequena vila costeira. Non son conscientes de que alguén segue os seus pasos, un inquietante forasteiro que pode ser o asasino de Marcos e que non dubidará en apartar os rapaces do seu camiño do xeito que sexa. Pero a misteriosa identidade deste home non é o único segredo que ameaza Cabo Lázaro, e a morte de Marcos non é o único crime que deberán desentrañar…