Mostrando entradas con la etiqueta Galego. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Galego. Mostrar todas las entradas

26.6.17

Mesa Redonda da Feira do Libro

Ola lectores!
hoxe volvo ao blog tras -polo menos- unhas dúas semanas sen publicar absolutamente nada por motivos escolares. Veño a deixaros un vídeo bastante interesante e curioso que creo que vos interesará.
 
Como na entrada, no vídeo que vos deixo o idioma no que falaremos é o galego. E digo falaremos porque neste vídeo aparecemos tanto Pablo de Libros Lectureka! como Daniel de It's SuperFun -xunto a mín, claro-.
Se o lembrades, hai un mes máis ou menos deixeivos unha entrada falando de que os tres íamos facer unha pequena charla dunha hora en A Guarda, máis concretamente na "X Feira do libro de A Guarda", o 21 de maio. Pero como é moi probable que ningún de vós puidera ir e tal vez quixera velo, decidimos grabalo para poder compartilo con cada un chegado o mometo de rematar de editalo. Xa hai algúns días que o vídeo foi públicado pero a penas tiven tempo de durmir así que agora que xa estou totalmente libre volo deixo para que o poidades ver, en galego ou subtitulado a castelán, inglés, etc
A que estades esperando para velo!

3.5.16

Reseña "O Enigma de Caronte"

¡Ola lectores!
hoxe chegou o turno dunha nova reseña -un  pouco máis curta xa que non teño moito tempo-, esta vez en galego, a miña lingua materna, dun libro que recomendoume ler para a asignatura o meu mestre, e titulado "O enigma de Caronte".
 
 
 
O ENIGMA DE CARONTE:
Título: O Enigma de Caronte
Autor: Carlos Vila Sexto
Editorial: Galaxia - Costa Oeste
ISBN: 9788498656749
Páginas: 356 págs
Precio: 14.00€
Sinopsis:
Unha gran novela chea de intriga dende a primeira páxina. O último verán que Dani e os seus amigos van pasar xuntos en Cabo Lázaro vén marcado pola morte accidental de Marcos, un compañeiro de clase. Pero as sospeitas iniciais de Dani de que talvez se atopen fronte a un asasinato vénse reforzadas cando este descobre unha misteriosa mensaxe que o seu amigo lle deixou antes de morrer, e que os sitúa sobre a pista dun tesouro agacahado nalgún lugar da pequena vila costeira. Non son conscientes de que alguén segue os seus pasos, un inquietante forasteiro que pode ser o asasino de Marcos e que non dubidará en apartar os rapaces do seu camiño do xeito que sexa. Pero a misteriosa identidade deste home non é o único segredo que ameaza Cabo Lázaro, e a morte de Marcos non é o único crime que deberán desentrañar…

16.5.15

Días Galegas: Relato "A Última Bágoa"

 
¡Bos días lectores!
hoxe como ben estades a ler, é o "Día das Letras Galegas" en toda Galicia, así que para conmemorar este día tan especial, vouvos deixar aquí un relato que escribín para o pequeño concurso que se organiza cada ano no instituto.

Así que este día baséase en adicarllo completamente a nosa lingua materna, o galego, unha lingua a que se debe apoiar xa que pouco a pouco, e co tempo, vaise perdendo, sobretodo nas persoas máis novas. E eu quixen apoiar este día coa miña historia.
¡A que esperades para velo!
 

29.4.15

Reseña Express: Reo

¡Ola lectores!
hoxe tráigovos una entrada moi especial, pois decidín comezar a reseñar os libros que leo na miña lingua natal, o galego, que a pesar de non ser tantos, si que leo algúns. Neste caso será unha reseña "express" porque o libro é moi curto, aínda así, espero que vos guste ;) 
Se vos inteesa o blog en galego visitad ESTE, que o fixen cos meus compañeiros durante a Semana Cultral.



REO:
Autor: Xesús Fraga
Editorial: Galaxia
Colección: Costa Oeste
ISBN: 9788498655421
Páxinas: 144 páx.
Prezo: 12.00
Sinopsis:
Esta é a historia de Reo, un rapaz calquera dun barrio calquera.
Premio Fervanzas Literarias 2014 ao Mellor Libro de Literatura Xuvenil
Pero Reo é o rei dos graffiteiros da cidade: o que máis bombardea coa súa sinatura, o máis comprometido coa súa arte; o mellor. O graffiti é o que lle permite dar saída a todas as inquedanzas que lle bolen na cabeza. Ata que un día un misterioso rival o reta nos muros da cidade. Unha confrontación da que emerxerá transformado, aínda que non como Reo espera. Velaquí un dos argumentos da novela gañadora do Premio Raíña Lupa de Literatura Xuvenil 2013 e na que, ademáis de envolvernos nunha trama trepidante arredor de Reo, o hip hop, as bandas dos barrios e ás veces a tristeira vida cotiá de quen ten horizontes máis grandes, deita unha interesante reflexión sobre a vida dos mozos e mozas dos nosos días, sobre as súas angueiras e esperanzas. Reo está escrita nunha linguaxe directa que nos atrapa dende o primeiro instante, como un graffiti colorido e ben feito. Directo. Engaiolante. Definitivo.

Entradas relacionadas...

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...