Mostrando entradas con la etiqueta O Corazón de Xúpiter. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta O Corazón de Xúpiter. Mostrar todas las entradas

31.1.16

Reseña Express: "O Corazón de Xúpiter"

¡Ola lectores!
o día de hoxe tráigovos una nova reseña, en galego, a miña lingua natal. Nesta nova reseña, o libro que reseño e xuvenil e lixeiramente dramático, o que leín para un traballo desta asignatura.
 
 
 
O CORAZÓN DE XÚPITER:
Autora: Ledicia Costas
Editorial: Xerais
Colección: Fóra de Xogo
ISBN: 9788499144337
Páxinas: 224 páx.
Prezo: 12.00
Sinopsis:
Non foi doado para Isla mudar de cidade e empezar de cero nun novo instituto. Devecía por dar un paseo polo espazo, avistando planetas a través do telescopio, mergullada no ventre do universo. Casiopea, o nome da tartaruga máxica de Momo, era o nick que empregaba nos foros sobre astronomía nos que participaba adoito. Alí co ñeceu a Xúpiter, alguén que semellaba saber moito de estrelas. As longas conversas até ben entrada a madrugada prenderan unha luz, entre os dous existía unha maxia que traspasaba as fronteiras do ciberespazo. Isla sentiu a necesidade de sabelo todo sobre Xúpiter: onde vivía, a que instituto ía, o seu nome real… Quedaron para se coñecer nunha noite de San Xoán de cacharelas e mar embravecido. Foi entón, despois de despedirse da súa amiga Mar, cando Isla se precipitou na escuridade. A súa vida estaba a piques de cambiar para sempre.
 

Entradas relacionadas...

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...