¡Ola lectores!
una vez máis chegou o turno de reseñaros un libro moi especial, xa que está en galego, a miña lingua natal e creo que é un libro que concorda bastante ben co estilo do blog. Como xa sabedes, actualmente estou comezando a reseñar todo o que poda noutros idiomas os libros que leo, ben sexa inglés ou galego. Ver a anterior reseña en galego aquí.
O ÚNICO QUE QUEDA É O AMOR:
Autor: Agustín Fernández Paz
Autor: Agustín Fernández Paz
Ilustrador: Pablo Auladell
Editorial: Xerais
ISBN: 9788497826280
Páxinas: 175 páx.
Prezo: 14.50€
Sinopse:
Hai unha trama de fíos invisibles que une as vidas dos personaxes deste novo libro de relatos de Agustín Fernández Paz, ilustrado por Pablo Auladell: Diana, Sara, Pablo, Laura, Adrián… todos se namoran e descobren que o amor é un sentimento poderosísimo, capaz de transformalos por enteiro e facerlles a vida doutro xeito. Mais tamén experimentan a amargura do desamor, ou da ausencia, ou dos amores rotos. O amor en todas as súas variantes: desde o primeiro amor adolescente ata que se mantén máis alá da morte. Aínda sabendo isto, as persoas sempre buscamos na nosa vida ese sentimento tan necesario como o aire que respiramos, quizais porque intuímos que, como escribe Orhan Pamuk en Neve, “na vida o único que queda é o amor”. E sempre, os libros como compañeiros da aventura do amar. Un libro memorable.

E cando me decato de que imos pasar por este mundo sen deixar rastro despois de levar unas vidas estúpidas, comprendo con rabia que na vida o único que queda é o amor". Neve: Orphan Pamuk.
Entre as páxinas desta obra atoparemos historias cuxo tema "principal" é o amor, pero dende o meu punto de vista non se trata do que hai entre o personaxes, senón o que sinten pola literatura, moi presente en cada un dos relatos, tanto para coronar o título como formando pate do propio argumento.
Hala bicar. E o bico que lle deas será polo que medirás todos os outros bicos da túa vida". Corazóns en Atlántida: Scott Hicks.
Os relatos que podes atopar son os seguintes:
1. Un radiante silencio; coñeceremos a Sara, una empresaria amante da literatura que desexa cambiar a súa vida e atopar finalmente o amor.
2. Amor de agosto; mostra como o primeiro namoramento é inolvidable, ou polo menos, se de verdade o sentiches.
3. Esta extraña lucidez; historia de amor contada dende o punto de vista dun can.
4. Unha historia de fantasmas; nunha reunión pola noite, un home contará unha extraña historia sobre una parella.
5. Ríos de memoria; demostra como os recordos da noso pasado e xuventude marcan o noso presente.
6. Loanza da filatelia; confirma como, ás veces, non coñecemos ben a xente do noso arredor.
7. Unha foto na rúa; afirma como un pequeño xesto pode convertirse no noso mundo.
8. Meditación ante o álbum de fotos familiar; un secreto.
9. Despois de tantos anos; mostra como primeiro namoramento correspondido, nunca se olvida.
10. Un río de palabras; fai ver como a literatura é máis importante do que pensamos nas nosas vidas.
Todas as lembranzas son sucos de bágoas". 2046: Wong Kar Wai

En sí, é un libro curto e sinxelo, decorado con algunas ilustracións e que gustoume debido a que todas as historias son diferentes - aínda que melancólicas e escritas dun xeito misterioso e triste, quizáis - pero mantendo en común que a literatura sexa unha parte importante.
Sin duda é un libro perfecto para leer tranquila e rápidamente nunha tarde na casa, especialmente se o acompañas dun día chuvioso ou frío e un chocolate quente. (P.D: ¡Non olvidedes seguir ao blog nas redes sociais para enteraros de todo!)
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Comenta todo lo que quieras, todas las veces que quieras y cuando quieras, pero no te olvides de mantener el respeto hacia mi y todos los lectores. Puedes dar tu opinión y contar cosas interesantes, aportar ideas o simplemente saludar, pero sigue la norma básica.
Ahora... ¡ alimenta mi blog con tus comentarios !